Post Page Advertisement [Top]

      A vida da humanidade comezou a cambiar coa invención da escritura. Nesta entrada do blog resumiremos a sociedade e a organización das civilizacións que comezaron a historia: Mesopotamia e Exipto. Estas dúas civilizacións teñen algo en común: as dúas naceron á beira dun (ou duns) río(s).

ECONOMÍA


    Mesopotamia naceu coa invención da escritura entre os ríos Tigre (ou Tigris) e Éufrates. A esta zoa tamén se lle chamou crecente fértil, pois tamén aquí chegou primeiro o Neolítico e a Idade dos Metais. Como exemplo, cando en Mesopotamia xa inventaran a escritura, aquí en Galiza todavía estabamos na Idade do Bronce. Ao estar entre ríos, a terra era moi húmeda e isto favorecía ó cultivo na súa riveira, aunque disto falaremos en Exipto máis adiante. O río era un importante medio de comunicación, pois facilitaba o transporte. Tamén podemos falar de que, ao mellorar os métodos de almacenaxe, puideron acumular os froitos e cultivos restantes, para poder comerciar cos alimentos con sociedades máis pobres e comezaron a fabricar excedentes adrede para mellorar o comercio e exportar produtos.

     Exipto eran tres cuartos do mesmo, porque tamén tiña un río. Tamén imos comentar algo que pasaba tamén en Mesopotamia, pero o deixamos para Exipto porque se non se facía o parágrafo de Mesopotamia moi largo e o de Exipto moi curto. Os ríos facían máis fácil a agricultura, porque humedecía as terras e "regaba" as prantas. Pero tamén crecía e decrecía según a época do ano, o que distinguía tres estacións: a de inundación, que vai de xullo a outubro; a de sembra, que vai de outubro a marzo e a de recolección, que vai de marzo a xullo. Construíron canles e diques para tomar o control dos desbordamentos e facer moito máis fáciles as tareas agrícolas e así poder dedicar máis tempo a actividades culturais ou de lecer.

SOCIEDADE

      Exipto e Mesopotamia tiñan unha estrutura social xerárquica, o que quere dicir que tiña forma de pirámide. Na parte de arriba estaba o rei (Mesopotamia) ou o faraón (Exipto). Logo estaba a minoría da poboación: os nobres. Estos eran sacerdotes, escribas, funcionarios, estos eran a man dereita do rei ou faraón, e nalgúns momentos da historia chegaron a ter incluso máis poder ca el. Despóis, os campesiños, artesáns, mercaderes, forxadores, carpinteiros... Eran a parte maioritaria da sociedade, xunto cos escravos eran os que ocupaban o segundo escalón na pirámide xerárquica. Por último, os escravos eran os que tiñan menos privilexios e eran a mairoría do pobo. Isto nos dá un pouco que pensar sobre as nosas queixas sobre os nosos dereitos (pensade nos escravos).

POLÍTICA

  Ao principio en Mesopotamia eran Cidades-Estado independientes que foron conquistando unhas a outras para formar imperios. Os imperios foron: o sumerio, o asirio, o acadio e o babilónico. Porén, en Exipto eran Cidades-Estado ao principio, que logo unificáronse para formar un imperio. Antes de formar o imperio grande Exipto estaba dividido en dous: o Alto Exipto (no sur) e o Baixo Exipto (no norte). A coroa do baixo Exipto Era coma un bolo branco e a do Alto Exipto unha circunferencia vermella de 50cm. Cando se unificaron formaro unha soa coroa branca e vermella.

CULTURA

     En Mesopotamia e en Exipto eran politeistas. Adoraban a moitos deuses. En Exipto, como exemplo, tiñan un ou varios deusen patróns en cada cidade. As deuses soían estar representados en grupos de 3, normalmente con relacións familiares. Un exemplo disto era que adoitaba haber estatuas de Isis, Horus e Osiris xuntos, pois eran nai, fillo e pai respectivamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Bottom Ad [Post Page]

| Designed by Colorlib