Post Page Advertisement [Top]

Semana 1

6/04/2021 (clase) - 50 min

Comezamos a traballar no glosario e a cronoloxía lendo as unidades 1 e 2.

9/04/2021 (clase) - 50 min

Seguimos co traballo da sesión anterior. Non me deu tempo a rematar, rematarei na casa.

Semana 2

12/04/2021 (clase) - 50 min

Hoxe vimos un resumo da película 1492. Non puiden velo na clase, así que leveino de deberes para a casa.

12/04/2021 (casa) - 30 min

Vin o resumo porque non puiden velo na casa.




14/04/2021 (clase) - 50 min

Comezamos co esquema da Idade Moderna. Non o rematei, fareino cando teña tempo esta semana.

16/04/2021 (clase) - 50 min

Fixemos o primeiro test. Logo seguimos cos esquemas que comezamos o mércores: o da Idade Moderna e o dos Reis Católicos.

Semana 3

Esta semana vimos a película de Lutero. Falamos dos protestantes e fixemos unha imaxe interactiva na que explicábamos as diferenzas entre Católicos e Protestantes. Hoxe fixemos un esquema de Carlos I de España e V de Alemaña que non me deu tempo a rematar e que rematarei cando poida na casa.

Semana 4

Esta semana vimos unhas escenas da película También la Lluvia. Fixemos un esquema do descubrimento de América e a súa conquista e colonización. Tamén fixemos un esquema de Felipe II. Impactoume moito na película esa comparación que fixeron entre a colonización en América e a actualidade, porque parece que a historia repítese unha e outra vez.

Semana 5

Esta semana vimos a película de Alatriste. Fixemos un esquema do século dezasete que non me deu tempo a rematar e que rematarei en casa cando poida. Neste tema non tiven ningunha dificultade especial, entendín todo bastante ben. Na película fíxome gracia que Alatriste fora amigo de Francisco de Quevedo, e tamén me gustou ver a Viggo Mortensen no papel de Alatriste, porque non sabía que podía falar castelán.
En casa rematei o esquema e o subín nunha entrada nova.

Semana 6

Esta semana vimos algunhas escenas escenas da película "El Tormento y el Éxtasis". Completamos un documento sobre as diferenzas entre o arte barroco e o arte renacentista. Non tiven moita dificultade entendendo o tema, que me gustou máis que outros porque gústame o arte en xeral. Dos artistas que entraban neste tema os que máis me gustaron foron Velázquez e Caravaggio. Tamén estaba bastante interesado na construcción da Basílica de San Pedro e a pintura da Capela Sixtina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Bottom Ad [Post Page]

| Designed by Colorlib