Post Page Advertisement [Top]

1450 (aprox.) - Invención da imprenta, un invento de Johannes Gutemberg, o que permitiu a divulgación de libros e de coñecemento máis rápidamente que antes, pois xa non había que copiar todos os libros dun en un.

1453 - Cae a cidade de Constantinopla, e, polo tanto, o Imperio Bizantino ou Imperio Romano de Oriente. Esto bloquea a principal ruta comercial cara ás Indias, polo que comézanse a buscar nos países occidentais rutas alternativas para chegar ás Indias, como a Portuguesa, realizada pouco antes da expedición de Colón cara o oeste, que bordeaba a costa de África polo sur, pasando polo cabo de Boa Esperanza.

1478 - Créase o Tribunal da Inquisición de Castela. Este tribunal era o encargado de capturar, xulgar e castigar aos herexes do Reino de Castela. Moitas veces executaban á xente queimándoa na fogueira.

1492 - Descubrimento de América grazas a unha expedición de Cristóbal Colón, baixo o patrocinio da Coroa de Castela, mediante as Capitulacións de Santa Fe. Colón acudiu aos reis Católicos despois de que os portugueses lle negaran a viaxe ao ter xa descuberto unha ruta alternativa cara ás Indias. Colón partiu para o oeste esperando chegar ás Indias, sabendo que a terra é redonda, pero chegou a América. Non se sabe si Colón chegou a saber que descubrira un novo continente.

1492 - Granada cae baixo os Reis Católicos, despois de levar moitos anos tendo que pagar tributos ás Coroas de Castela e de Aragón.

1492 - Os xudeus son expulsados de España

1494 - Fírmase o Tratado de Tordesillas, que dividía os novos territorios entre as dúas potencias mundiais do momento: España e Portugal.

1496 - Remata a conquista das Illas Canarias, grazas a Alonso Fernández de Lugo, que conquistou A Palma e Tenerife, dando fin á conquista.

1498 - Vasco de Gama chega á cidade India de Calicut, sentando as bases da colonia portuguesa na India e creando rutas de comercio dende Europa ás Indias.

1504 - Morre Isabel a Católica.

1506 - Comeza a construción da Basílica de San Pedro no Vaticano, sendo a primeira pedra colocada polo papa Julio II.

1512 - O Reino de Navarra pasa a ser parte da monarquía hispánica.

1516 - Trala morte de Fernando II de Aragón, o seu neto herda tanto a Coroa de Castela como a de Aragón, transformándose en Carlos I de España e V de Alemaña.

1517 - Martín Lutero escribe e publica as súas 95 teses, criticando as prácticas relixiosas da Igrexa Católica, coma as indulxencias que permitían, mediante un donativo e unha oración, salvar a un ser querido do purgatorio.

1522 - A circunnavegación do planeta na expedición de Magallanes-Elcano axuda a demostrar que a Terra é redonda. Da expedición so volveu o barco de Elcano.

1527 - As tropas Españolas e Xermánicas saquean Roma e capturan ao Papa masacrando a miles de cidadáns romanos no Saco de Roma.

1533 - O conquistador Francisco Pizarro conquista a cidade inca de Cuzco.

1534 - Henrique VII de Inglaterra, nun intento de concentrar máis poder na súa coroa, formou a súa propia igrexa, a Igrexa Anglicana.

1542 - Carlos I de España e V de Alemaña asina as Leis Novas co obxectivo de abolir a escravitude de nativos americanos.

1546 - Comeza o Concilio de Trento, que se desenvolve en varias sesións extendidas ata o ano 1563.

1555 - Carlos I firma a Paz de Augsburgo, dando liberdade aos estados xermánicos a elixir ser católicos ou protestantes.

1557 - As tropas do Imperio Español vencen aos Franceses na Batalla de San Quintín.

1588 - A Armada Invencible enviada por Felipe II para batallar aos ingleses afunde despois dun temporal e unha posterior batalla contra os ingleses.

1648 - Rematan a Guerra dos Trinta Anos e a Guerra dos Oitenta Anos ou Guerra de Flandes coa sinatura da Paz de Westfalia.

1689 - Establécese unha monarquía parlamentaria en Inglaterra.

1700 - Trala morte sen descendencia de Carlos II de España comeza a Guerra de Sucesión.

1700 - Rematan as obras de construción do palacio francés de Versalles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Bottom Ad [Post Page]

| Designed by Colorlib