Post Page Advertisement [Top]

  • Monarquía Autoritaria
    • É un modelo de goberno que sentou as bases do Estado moderno.
    • As monarquías autoritarias máis importantes se desenvolven en Europa Occidental: en España cos Reis Católicos, en Inglaterra con Enrique VIII...
    • A monarquía autoritaria comezou a ser popular nos séculos XV e XVI
    • Consiste na centralización do poder político e ás veces relixioso no rei dun país, axudado pola burocracia, un exército permanente e a diplomacia.


  • Unificación territorial
    • É un cambio político e territorial que houbo na idade moderna
    • Un exemplo é en España, cando casaron os Reis Católicos e unificaron tódolos seus territorios.
    • Sucede a finais da Idade Media e principios da Idade Moderna
    • Consiste na unión de territorios pequenos controlados por nobres en territorios máis grandes e gobernados polo rei, mediante conquistas ou matrimonios.
  • Burocracia
    • Eran os encargados de asuntos públicos dun país, coma de recaudar impostos, administrar xustiza...
  • Exército permanente
    • Eran soldados permanentes que estaban ao servizo do rei e non dos nobres.
  • Diplomacia
    • Era a institución encargada de negociar e formar alianzas e negociar en tempos de guerra.
  • Humanismo
    • Foi un novo estilo de pensamento no que o ser humano era o centro do Universo (antropocentrismo) e que deixaba de lado a idea de que Deus era o centro de todo.
    • Exemplos de humanistas foron: Leonardo DaVinci, Nicolás Copérnico, Erasmo de Rotterdam... Xurde principalmente en Europa.
    • O humanismo no renacentismo é o herdeiro de pensadores humanistas nados no final da Idade Media e algúns mais antigos da Idade Antiga.
    • Revaloriza o ser humano ao poñelo no centro do Universo, creando unha diferencia entre relixión e ciencia, retomando pensamientos e modelos de perfección humana da antigüidade clásica...
  • Reformas protestantes
    • Foron unha serie de reformas na Igrexa asociadas ao xurdimento do humanismo no renacemento.
    • Houbo tres reformas principais:
      • Reforma Luterana: 
  • Inquisición
    • Un tribunal relixioso.
    • Había a inquisición de Aragón e a inquisición de Castela.
    • A inquisición de Aragón xurdiu na Idade Media, e a Castelana no ano 1478.
    • Perseguían calqueira práctica relixiosa non cristiá.
  • Capitulacións de Santa Fe
    • É un contrato.
    • Foi firmado polos Reis Católicos e Cristóbal Colón preto de Granada.
    • Foi firmado no ano 1492.
    • Era un contrato que permitía a Colón saír do Reino de Castela para explorar no seu nome.
  • Indulxencias
    • Eran uns documentos relixiosos.
    • Eran expedidos por monxes e curas en cidades coma en Roma.
    • Eran uns documentos firmados que aseguraban a saída do purgatorio dun familiar morto que tiñas, que che daban despois de rezar por esa persoa, de facer unha doación, peregrinar a un sitio en concreto... Foron moi criticadas por Martín Lutero no seu libro "As 95 Teses".
  • Contrarreforma
    • Foi unha reforma da igrexa Católica
    • Iniciouse a partires da Reforma Protestante de Lutero.
    • Despois da publicación das 95 Teses, Lutero reformou a Igrexa e fixo a Igrexa Protestante. En resposta a este movemento, no ano 1545 a igrexa Católica organizou o Concilio de Trento para reformar e reescribir certos aspectos da Igrexa Católica. A contrarreforma rematou no ano 1648.
  • Concilio de Trento
    • Foi unha reunión dividida en moitas sesións organizada pola Igrexa Católica.
    • O Concilio de Trento durou dende o ano 1545 ata o ano 1568, con 25 sesións repartidas entre eses anos. Introduciu novas medidas para acabar coa corrupción e a falta de formación dos eclesiásticos e fieis.
  • Paz de Augsburgo
    • Tratado de paz entre príncipes protestantes e católicos no Sacro Imperio Xermano.
    • Foi firmado no ano 1555 polo irmán de Carlos V dando aos príncipes xermánicos a oportunidade de decidir se o seu principado é católico ou protestante.
  • Tratado de Tordesillas
    • Tratado territorial entre España e Portugal
    • Foi firmado en 1494 e dividía o mundo entre España e Portugal.
  • Encomenda
    • Un territorio ofrecido a alguén en América para traballalo e explotalo.
  • Mita
    • Sistema no que os nativos americanos eran forzados a traballar para a Coroa en minas, campos...
  • Leis Novas
    • Leis firmadas no ano 1542 por Carlos I que tiñan coma obxectivo abolir a escravitude de nativos americanos, pero non funcionou.
  • Guerra dos Trinta Anos
      • Foi unha guerra entre os estados Xermánicos producida porque algúns apoiaban a Reforma Protestante e querían ser Protestantes, mentres que outros querían seguir sendo Católicos.
    • Antigo Réxime
      • Sistema político, económico e social utilizado nos países europeos dende finais do século XV ata o século XIX.
    • Sociedade Estamental
      • Era un sistema social no que a sociedade estaba dividida en tres estamentos pechados: o campesinado, o clero e a nobreza.
    • Mercantilismo
      • Sistema económico que se baseaba na creencia de que para que un reino fora poderoso tiña que ter moito diñeiro, moito ouro, moita plata...
    • Renacemento
      • Movemento artístico producido no século XVI que se inspiraba na antiguedade clásica para a pintura, escultura e arquitectura e que se centraba na exaltación da figura do ser humano.
    • Barroco
      • Movemento artístico e cultural producido entre os séculos XVII e XVIII que rompía cos estándares renacentistas, e era moi dinámica e realista, con pintores coma Caravaggio, que no canto de glorificar aos mártires os retrataba como as persoas máis normais do mundo, facendo que fose o máis real posible.

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario

    Bottom Ad [Post Page]

    | Designed by Colorlib