Post Page Advertisement [Top]

Actualizado a día 29/3/19

    O outro día veu un arqueólogo á nosa clase para falarnos da arqueoloxía. Primeiro nos explicou o significado de arqueoloxía, que é a ciencia que estuda o pasado, mediante restos e escritos de anteriores épocas. Dixo que fora como un libro, pero cando pasas unha páxina, tiñas que arrancala, polo tanto habería que facer fotografías para que non se perdera de todo.

   Tamén nos falou das fontes que se empregan para saber que pasaba noutras época. Pode ser: documentarias, como escritos de historiadores antigos; materiais, por exemplo a maioría das cousas que se atopan en excavacións (como xarros ou esqueletos); e orais, por exemplo cando alguen nos conta a súa infancia (unha persoa maior). Destas fontes sácase toda a información que se precisa, para logo documentala e investigala.

    Explicou a datación dos elementos e a clasificou en dous tipos: absoluta e relativa. Para saber a datación absoluta se precisa dun químico: os seres vivos temos integrado unha sustancia que almacenamos no corpo ao longo da nosa vida que se chama Carbono 14, ou C14, que ao morrer imos liberando pouco a pouco. E aquí entra o químico, que ten que analizar canto  C14 ten o ser vivo (isto só funciona con seres vivos). a datación relativa baséase en que, según máis abaixo se atope na excavación, máis vello é, polo que sitúan unha datación relativa ás épocas da Historia.

    Tamén nos comentou que non poderíamos excavar ás nosas anchas, pois temos que pedir un permiso ao concello da zona, é soe ser bastante caro, aunque existe outro método para saber que hai embaixo sen ter que excavar: o MDT ou a fotogrametría. O MDT (Modelo Dixital de Terreo) escanea o terreo e nos mostra o que hai debaixo da terra (tamén se precisan permisos). Cando está todo ao aire libre, como un petróglifo, pódese usar a fotogrametría, que consiste en que mediante fotos, créase un modelo tridimensional da zoa para investigala.Tamén pódese simplemente sacar fotos e miralas detidamente. Aunque para este último proceso fan falla uns paus de referencia para saber canto mide o da imaxe. Estes paus chámanse xalóns e miden exactamente 1 metro. Teñen unhas franxas de cor que alternan vermello e branco. Estas franxas miden exactamente 10 centímetros.

    Nos contou sobre os restos arqueolóxicos en Galiza. Nos falou da cova de Eirós, a Cova da Baleira, Vilardevós e Carballeda de Valdeorras. Esta última foi atopada fai pouco. Nos dixo tamén da forma de observar ben un petróglifo: pola noite, ponse unha lanterna inclinada e pola luz, as sombras dos petróglifos marcan moito a silueta e se ve perfectamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Bottom Ad [Post Page]

| Designed by Colorlib